miércoles, 22 de noviembre de 2017

A NOSA PANCARTA

 
A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un ano máis os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero co lema “25N Vilagarcía en Negro”
Como este ano o 25 de Novembro é o sábado, o venres 24 todos os centros educativos do concello participaremos  nunha andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 persoas. Partiremos ás 10:45 da Praza da II República (diante do Auditorio Municipal) para percorrer as rúas do centro. Remataremos cunha grande concentración na Praza de Ravella. Alí terá lugar o acto central coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e onde tamén actuarán as Cantareitas Bulideiras e un grupo do alumnado do CEIP A Lomba.
 
A fachada do Concello xa luce unha gran pancarta que representa o loito desta efeméride  do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E para contribuír a que os colexios tamén se vistan de negro, o Concello repartiu camisetas co lema da campaña.
Pero ademais, nós estamos a producir os nosos carteis con frases significativas e tamén estamos a facer a pancarta que levaremos a andaina do venres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...